O Goberno galego e a Fundación da Universidade da Coruña suman forzas unha vez máis. Hoxe a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o presidente do Padroado da Fundación, José María Barja, asinaron un acordo para desenvolver novas metodoloxías para predicir risco de inundacións e afondas nos efectos do cambio climático. No acto, celebrado no reitorado da Universidade da Coruña, Vázquez sinalou que esta colaboración permite sumar esforzos e coñecementos.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza