O Trofeo Xunta de Galicia-Liga Galega de Traiñeiras comezou unha nova temporada. Fíxoo en Sanxenxo, coa disputa da I Bandeira Concello de Sanxenxo. Esta primeira regata do curso foi inaugurada polas remeiras, que contaron con tres quendas co crono como protagonista. Cabo de Cruz e Chapela loitaron polo primeiro posto que finalmente conquistaron as de Cabo cunha vantaxa de case nove segundos. En terceiro lugar entrou Mugardos, seguida de Rianxo, Tirán, Ribeira, Salgado-Perillo e Puebla.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza