Desde as 9:00 da mañá, e tras 12 horas de competición, cunha pequena parada para repoñer forzas, finalizaba unha apaixonante xornada de golf, onde 72 xogadores representando a 10 equipos deron un recital en todas as súas facetas. O ambiente vivido, o compañeirismo, a concentración e o bo xogo, factores crave para unha magnífica xornada en Barbanza Golf. No deportivo, todo moi igualado en cada unha das roldas xogadas.
As 2 primeiras roldas, definiron a clasificación pola loita dos títulos, os postos do 1º ao 4º loitaron o título absoluto, do 5º ao 8º polo título de 1ª categoría, jugandose o 9º e 10 posto os equipos de Lareira Blanco e Congalsa.
Na categoría absoluta, enfrontáronse en semifinais, o primeiro clasificado, con dúas grandes roldas na xornada matutina, Distribucións Eleuterio Balayo contra Cocoswing, levándose a vitoria Cocoswing.
Na outra semifinal, enfrontáronse, o campión actual da liga, Estrela Team contra o Gesdecor B, pasando á final, por tan só 10 puntos un grandísimo Gesdecor B.
Unha vez máis, a final estivo moi igualada en todos os seus enfrontamentos, gran xogo despregado polos dous equipos, Cocoswing e Gesdecor B, decidíndose todo no último putt do pequeno Álvaro Cobas, dando a vitoria absoluta ao equipo xuvenil, proclamándose campión absoluto de cópaa Lareira Blanco 2022. Cabe destacar que 4 dos integrantes deste equipo son alumnos da Escola deportiva municipal Concello de Boiro Rianxeira Jealsa!!!!
En 1ª Categoría, enfrontáronse nas semifinais, o Gesdecor A contra Tarrío e Suárez B e o Ra- matt Decoracións contra Sermuttum Boiro, sendo os grandes finalistas o Gesdecor A e Sermuttum Boiro.
Na final, cun gran xogo e unha pequena diferenza de puntos, proclamouse campión de 1ª categoría o Sermuttum Boiro