A Xunta, a través de Portos de Galicia, licitou por máis de 400.000 euros os traballos para acondicionar as lonxas de Porto do Son e Portosín. Os traballos na lonxa de Portosín consistirán no acondicionamento do inmóbel e na mellora da súa estanquidade. De feito, renovarase a cuberta substituíndoa por outra de materiais máis modernos e resistentes. No caso de Porto do Son, acondicionarase e mellorarase a estanquidade da lonxa renovando a cuberta, os canlóns e as baixantes ao tempo que se procederá ao selado e pintado da fachada.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza