A quinta edición do Festival Nacional de Folclore ‘Tahume entre Folclores’ terá lugar este sábado 25 no marco do Xuño da Cultura e as Artes. A cita arrancará ás nove e media da noite na praza do Concello. Actuarán a Asociación Cultural Nós de Sobradelo, de Vilagarcía de Arousa, o Grupo folclórico Los Cachipés de El Escorial (Madrid) e como anfitrión o Grupo Tahume.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza