Francia e Suíza fixéronse co Xacobeo 6 metros worlds que se disputou en Sanxenxo. Tras a competición que se desenvolveu na última xornada clasificadora a embarcación francesa Dix Aout rematou no máis alto da táboa na categoría de Clásicos. Selou unha gran vitoria parcial na última proba, o que lle permitiu proclamarse vencedor desta proba intercontinental. En Open, o barco suízo Momo sentenciou o seu primeiro posto cunha gran vitoria final.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza