O Puebla xa ten a pedra angular do seu novo proxecto. Logo do descenso de categoría de Preferente a Primeira Autonómica, o eequipo da Alta anunciou o que será o seu novo adestrador, Jesús Baleato. O técnico de68 anos recala no cadro branquiazul para as próximas tres tmpadas. Baleato conta cunha gran experiencia no fútbol galego, onde conta con 14 ascensos de categoría, un deles co Puebla á Terceira División. Máis tarde, Chus, como é coñecido no mundo do fútbol. Estivo no Compostela, Arzú, Pontevedra entre outros. A tempada pasada dirixiu ao Negreira, quedándose ás portas do ascenso á Preferente. Deste xeito, a directiva do Puebla xa comeza a rearmar o equipo logo das importantes saídas de Viturro, Álex Teira, Xabi, Juan García e o adestrador Jesús Mella. O seu capitán Rafa Picos foi o primeiro en dar o ok para a súa renovación, demostrando o seu compromiso co Puebla para un ano no que buscarán voltar á Preferente.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza