Rianxo estase a consolidar como un grande atractivo para as empresas. O polígono industrial do Té segue medrando e xa conta cunha ocupación de chan próxima ao 72%, o triplo que fai tres anos. A Xunta de Goberno de Rianxo deu vía libre á construción dunha gran empresa: Conservas Cerqueira. O alcalde do municipio, Adolfo Muíños, definiu a chegada desta firma como a máis importante dos últimos 50anos.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza