A Asociación de Empresarios de Riveira presentou hoxe unha nova edición da Feira do Automóvil. A mostra está situada na Praza de España e conta con máis de 10 firmas, superando así as da edición anterior. O presidente da Asociación sinalou o gran esforzo que supón para a entidade levar a cabo este tipo de actos, así como moitos outros ao longo de todo o ano.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza