No día de hoxe o Club de Taekwondo Natural Sport presentou o que será o Campamento Multidisciplinar de Conciliación “Natural Friends”. Esta iniciativa nace froito da colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte, o Ministerio de Igualdade e a Federación Galega de Taekwondo. Ofertaranse 36 prazas aos rapaces con máis necesidades de forma gratuita, co obxectivo de promocionar e difundir a actividade física e o deporte, relevantemente na difusión do Taekwondo.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza