Día de loito na pesca galega e do Barbanza. Dous mariñeiros dos municipios de Ribeira e Porto do Son faleceron pola inhalación de amoníaco. Os dous falecidos residían en Vigo, pero están ligados ao concello, un deles é Ángel Boo, de 35 anos e natural de Palmeira e o seu compañeiro é Franciso Cameán, residente en Xuño. Os dous formaban parte da tripulación do Albacora Catro atuneiro vigués que estaba amarrado nas Seychelles.
Nun principio pensouse que se producira unha explosión a bordo do barco, propiedade da empresa Compañía Europea de Túnidos, e que estaba atracado en Puerto Victoria, capital das illas Seychelles. Sen embargo o que se produciu foi un escape de gas que se deu cando o xefe de máquinas e o segundo oficial reparaban o circuíto de refrixeración do peixe.
Esta fuga provocou o falecementos dos dous mariñeiros pola inhalación de amoníaco e oito tripulantes máis resultaron feridos, a pesar de que os 31 membros de tripulación estaban a bordo cando se produzo o accidente. O escape deste gas obrigou a mobilización dos bombeiros e de media ducia de ambulancias