A análise da situación da Protección Civil no municipio, o estudo das medidas relativas á tempada estival e a exposición do novo Plan de autoprotección nas piscinas naturais do río das Pedras vertebraron a primeira sesión da Xunta Local de Protección Civil do Concello da Pobra do Caramiñal que transcorreu neste 16 de xuño. Constituíuse así esta xunta para diferencia-las cuestións de Protección Civil das de seguridade cidadá e, en consecuencia, trata-los temas de maneira específica. Analizáronse así os riscos que se poden afrontar de cara o verán como os accidentes en praias ou incendios forestais e as medidas para palialos.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza