Pontevedra acolleo o Open Cidade do Lérez de taekwondo, onde os equipos da comarca acadaron moi bos resultados. O Maniotas podía conseguir dez medallas, que foron coas que volveron a casa. Os noieses foron campións na categoría cadete e segundos na absoluta, por detrás do Natural Sport. Os integrantes dos Maniotas obtiveron seis preseas de ouro, tres de prata e unha de bronce. Na categoría senior incluso chegaron a verse as caras dous integrantes do Maniotas, Adrián Salanova e Samuel Méndez, con vitoria para o primeiro.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza