O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reuniuse esta mañá co secretario xeral de UGT Galicia, José Antonio Gómez, e coa secretaria xeral de CC.OO. Galicia, Amelia Pérez, e posteriormente, co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites. As reunións realizáronse coa finalidade de abordar asuntos de interese para os galegos tanto no ámbito económico como laboral. Un dos temas que se abordou nas reunións foi os fondos europeos aos que aspira Galicia.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza