O Club Barbanza Golf continúa a súa programación deportiva. Deste xeito, logo dos grande éxitos acadados nos anteriores torneos en canto a número de participantes e organización, agora o club Barbanzá albergará a sétima edición do Torneo Cadena Cope. As xornadas comezaron no día de hoxe e transcorrerán ao longo do fin de semana. Mañá sábado comezarán a partir das 17 horas e o domingo a saída a tiro será ás 10 da mañá. Co fin de gratificar aos participantes da proba, o barbanza Golf repartirá un total de 7 trofeos. Aos primeiros clasificados en Scratch, Hándicap, Senior, Feminina e Junior. Así mesmo os segundos postos de Scratch e Hnadicap tamén obterán o seu trofeo. Doutra banda, levarase a cabo, como xa é habitual, un gran sorteo de regalos, así como un vale de club de 500 euros para o foxo en 1 ao 18. Deste xeito o Barbanza Golf mantén a súa tradición e dá resposta á grande afección de golf que hai na zona.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza