Tras o recente remate de tódalas ligas con equipos representantes do Barbanza no fútbol, xa son varios os clubs que están anunciando os primeiros movementos de cara á planificación da próxima campaña. Por un lado o Noia, que volverá a disputar a Preferente logo do seu descenso da Terceira, anunciou dúas novas incorporacións. Trátase de dous recoñecidos xogadores no fútbol da zona. Os noieses reforzan a medular coa chegada de Álex Teira procedente do Puebla, e o defensa rianxeiro Xabi Castiñeiras, tamén procedente do equipo pobrense. Ademais o cadro de San Lázaro anunciou a renovación de Elier Carreño e de Carlos Lugo.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza