Os usuarios de móbiles, tabletas, consolas ou cámaras dixitais veñen demandando dende hai tempo que só houbera un cargador para todos os dispositivos electrónicos. A Unión Europea vai dar resposta a esta petición, xa que os 27 países que a forman acordaron impoñer un cargador universal para estes aparatos. Medida moi ben vista na rúa.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza