O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a concesión provisional do programa de limpeza de praias 2022, a través do cal a Deputación da Coruña concedeu 900.000 euros entre 41 municipios costeiros da provincia.
A finalidade do programa é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia, así como da adquisición do material necesario, coma o vestiario ou o combustible.
A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, que deberán estar comprendidos entre o 1 de abril e o 31 de outubro de 2022. O importe máximo que se concedeu ascende a 31.335,88 euros e o mínimo a 6.768 euros.
En canto aos concellos do Barbanza, a Pobra recibirá 23 mil euros, Boiro 25 mil, Muros 25 mil, Noia 20 mil, Outes 6 mil, Porto do Son 29 mil, Rianxo 22 mil e Ribeira 27 mil.