O Dr. Carlos Peña Gil recolleu este luns en Santiago de Compostela o II Premio Internacional Ramiro Carregal de Investigación en Cardioloxía recibido polo equipo que el lidera no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Trátase do premio correspondente ao pasado ano e cuxa gala se atrasou por culpa da pandemia, de aí que se celebre cando está a piques de coñecerse o gañador da terceira edición que, ademais, incrementará a contía do premio un 50% até os 30.000 euros.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza