Parte do equipo de Congalsa participou o pasado sábado nunha xornada de confraternización, na que se voltou a recuperar a tradicional comida por parte da empresa. Congalsa lanza deste xeito unha nova iniciativa corporativa, xa habitual antes da pandemia, co fin de mellorar o ambiente de traballo e recompensar aos seus traballadores. Foron un total de 262 os empregados que participaron nunha xornada de ocio, que incluíu un paseo en catamarán pola ría, saíndo desde o porto da Pobra e máis tarde asistindo a unha comida no restaurante Baiuca de Ribeira.
Así, esta xornada é a primeira que promove a empresa logo da pandemia. A cita contou coa amenización musical por parte do grupo Thais Suki. Así mesmo repartíronse diferentes premios en diversos sortes efectuados entre o persoal da empresa, como cheques de diñeiro. Congalsa pretende ir recuperando este ano todas as actividades de ocio que perderon nos últimos tempos por mor da pandemia, como a cena de Nadal tan tradicional cada ano.