Os estudantes de segundo de Bacharelato xa empezaron a conta atrás para enfrontarse aos exames de selectividade. A ABAU celébrase este ano en Galicia durante os días 7, 8 e 9 de xuño.
Despois das probas, os estudantes galegos poderán coñecer as notas provisionais o día 16 de xuño e a revisión de poderá solicitar desde os días 17 ata o 21 de xuño. Será o xoves 23 de xuño cando se publican as notas definitivas. A menos dunha semana para as probas, desde o Nº1 aseguran que os nenos están ansiosos.