Axentes da Policía Local de Rianxo detiveron onte a un varón residente na localidade como autor dun presunto delito de desobediencia grave, resistencia e atentado a axentes da autoridade. Os feitos ocorreron cando foi requirida a presencia policial tras unha chamada. O home atopábase nun local de hostalería e en estado aparentemente ebrio, molestando á clientela entre a que se encontraba unha persoa con discapacidade.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza