A semana pasada deuse o pistoletazo de saída á segunda edición da ruta gastronómica “Conserva a Orixe”, promovida pola Mancomunidade Barbanza Arousa. A Pobra foi o primeiro municipio no que se presentaron as tapas elaboradas con latas e conservas doadas por Jealsa, ruta que hoxe comeza en Boiro. O concello boirense é a segunda parada do tapeo, que se desenvolverá dende hoxe ata o domingo día 5.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza