O Concello de Boiro colabora cunha nova edición de Olloboi, o festival de cine escolar que terá lugar en Boiro o venres 10 de xuño cunha edición que busca recuperar o espírito da creación, propoñendo o cambio das máscaras da pandemia ás do xogo e ilusión do cine. Á presentación, que tivo lugar en Asteleiros Triñanes, asistiron a concelleira de Cultura, María Outeiral; o cineasta e padriño do festival, Eloy Domínguez; e Ana Moreiras xunto con outros integrantes de Olloboi.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza