Galicia pechou o mes de maio con 146.120 persoas sen emprego, a menor cifra nun mes de maio de toda a serie histórica (1996) e tamén a máis baixa desde setembro de 2007, cando se rexistraron na comunidade autónoma 140.960 parados. Ademais, o número de persoas sen emprego sitúase por debaixo das 150.000 persoas por primeira vez desde 2008. A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, salientou que con respecto ao inicio da pandemia (febreiro 2020), o desemprego reduciuse na comunidade galega nun -12,10%.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza