A Deputación da Coruña licitou por 70.918 euros as obras para acondicionar o acceso a Mosteiro e a construción de novas beirarrúas na estrada ao Porto, en Outes. As actuacións están financiadas 100% con cargo ao Plan Único provincial. En concreto, demolerase o firme existente para repoñelo e pavimentar con saburra (zahorra) e formigón. Tamén se proxecta a retirada do muro de cachotería (mampostería) existente e a construción de dous de 17 e 10 metros de lonxitude e de 1,5 e 1 metros de alto. Á súa vez, mellorarase a seguridade peonil no termo municipal coa demolición das beirarrúas na estrada que vai ao Porto e a posterior construción doutras novas ao longo de 335 metros, cunha anchura de preto de dous metros de ancho.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza