O Concello da Boiro xa conta cunha importante ferramenta para facer fronte á violencia de xénero. A Mesa de Coordinación Interinstitucional fronte a Violencia de Xénero no municipio deu os seus primeiros pasos no pasado mes de maio. A través desta plataforma búscase traballar de forma coordinada entre as diferentes entidades e asociacións do concello nese eido e na procura da igualdade.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza