O Grupo Municipal Infantil de Teatro de Ribeira vai subirse este venres ás nove da noite ao escenario do Auditorio para representar unha función que levará por título Que me vas contar, obra orixinal de Segundo Durán “Chiki” que foi presentada esta mañá en rolda de prensa pola concelleira de Cultura, María Sampedro, e o director do citado grupo, Óscar Romero. Que me vas contar pretende ser “unha reflexión sobre o mal uso da linguaxe nas redes sociais a través dun xuízo”.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza