O Jealsa Boiro xúnior non conseguiu repetir o éxito do ano pasado no Campionato de España de Voleibol, O cadro comandado por Adrían Alves rematou na sétimo praza logo dunha gran participación. Os boiristas comezaron da mellor forma a primeira fase, con dous triunfos contra o Ontiyent e Fuentes, ambos vencendo por 3-0. Na seguinte rolda fronte ao Fuensanta venceron 3-1, oq ue lles permitiu acceder ao seguinte partido contra o Valencia, os favoritos xunto con eles. Logo dun disputado encontro, o Jealsa Boiro caeu pola mínima por 3-2 e quedáronse fóra da loita polas medallas. Remataron a competición con derrota fronte ao Tenerife e cunha vitoria contra co Alcorcón, logrando así a sétima praza definitiva no torneo nacional de voleibol disputado en Galicia.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza