A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, prevé investir máis de 380.000 euros na renovación e acondicionamento da cuberta do edificio da lonxa do municipio coruñés de Muros. Desde a Xunta sinalan que o proxecto está xa redactado e que se vai tramitar para sacar a licitación nos vindeiros meses. O obxectivo desta actuación, “pasa por mellorar as condicións de illamento e estanquidade do edificio”. Para iso, as obras previstas inclúen a substitución integral da cuberta de dúas augas por panel de dúas chapas de aceiro así como a renovación da cuberta plana nas zonas restantes. Ademais instalaranse novos canlóns para as pluviais e retiraranse as reixas existentes ata o momento. Finalmente realizarase unha mellora do alumeado a través de lámpadas de tecnoloxía LED.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza