O índice de prezos de consumo deu un pequeno respiro en abril, pero foi un espellismo. En maio os prezos volveron a escalar case medio punto para situarse no 8,7% interanual. O Instituto Nacional de Estatística recolle nos seus últimos datos que a inflación subxacente subiu 5 décimas de abril a maio, situándose no 4,9%, a taxa máis alta dende outubro de 1995. Este incremento vén derivado dos alimentos e os combustibles, que non deixan de ir á alza. Na rúa a xente segue a notar as consecuencias deste incremento.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza