Este sábado comezará a rodar o balón en Barraña para celebrarse o torneo Internacional Jealsa, que contará con 60 equipos divididos nas categorías benxamín e alevín. A xornada arrancará mañá a partir das 9 da mañá e as finais están previstas para a o domingo a partir das 20:45 horas. Ademais, dos equipos locais como as Escolas de Boiro, Cidade de Ribeira, Unión ou Taragoña, daranse cita grandes colosos do fútbol mundial. Entre eles Benfica, FC Porto, Vitoria de Guimaraes, Villarreal, Zaragoza, Leganés, Deportivo y Celta. Agárdase un fin de semana de puro fútbol no Concello de Boiro, o cal se verá beneficadio cun retorno enconómico de preto de 400 mil euros entre hostais, cámpings e hostalería.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza