Este venres comezou a veda do polbo en Galicia que se estenderá ata o 4 de xullo. Polo tanto a captura de esta especie está prohibida para calquera arte neste período. O presidente da Federación Galega de Confrarías e tamén patrón maior de Ribeira, José Antonio Pérez, fixo un balance positivo das capturas que se realizaron durante a campaña extractiva.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza