Os prezos dos alimentos agrícolas subiron un 31% en 2021 e farano outro 23% en 2022 debido ao incremento xeneralizado dos custos dos combustibles, a electricidade e e os fertilizantes motivado pola pandemia primeiro e a guerra de Ucraína despois. E isto repercute directamente no prezo dos alimentos dos europeos, que terán que desembolsar 243 euros máis de media fronte a 2021 pola mesma cesta da compra, segundo os datos do informe ‘ European food inflation’ de Allianz. Os veciños do Barbanza nótano cada vez que van a facer a compra.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza