Os resultados da empresa Congalsa xunto cos de Sulpasteis alcanzaron unha facturación de 113 millóns de euros durante 2021, case un 13% máis que en 2020. En total, Congalsa comercializou durante o ano pasado 26.000 toneladas das súas diferentes gamas de produto. Así mesmo, obtivo un beneficio de 2,8 millóns de euros e realizou investimentos por valor de 3,7 millóns de euros.
Segundo explica a firma na súa memoria corporativa, “en 2021 o desempeño económico evolucionou positivamente, incluso estando aínda condicionado polo impacto da pandemia.
Actualmente, a compañía conta con máis de 450 clientes en 36 países aos que ofrece unha oferta en renovación permanente. Así mesmo, Congalsa ten un forte compromiso coa sustentabilidade a todos os niveis e está a levar a cabo iniciativas neste sentido como: novos envases reciclables, referencias moito máis eficientes á hora de levar a cabo elaboracións, innovadores sistemas de produción, emprego de enerxías menos contaminantes.
Así mesmo, Congalsa recibiu en total 7 distincións, entre as que destacan o recoñecementos do Atlas Galego da Empresa Comprometida, a distinción do Indicador Ardán Empresa ben Xestionada e o premio Mindtech polo seu proxecto en industria conectada. Así mesmo desde a entidade entregan o Premio Ramón Doval 2021, que no 2021 o gañador foi José Luis Romero García, para visibilizar os valores que representan a Congalsa.