A Euskotren Liga contará a próxima campaña cun total de 8 equipos, ampliando así o seu número de participantes. Deste xeito, agora só hai catro conxuntos inscritos na máxima competición de traíñas a nivel nacional, polo que se abriu un prazo para presentar a solicitude de inscrición. Un total de 10 conxuntos foron os rexistrados, entre os cales se atopa Cabo de Cruz feminino, como así o confirmou a ACT. Así, sorteáronse os grupos para disputar unha fase de ascenso e conseguir o pase á Eurkotren por méritos deportivos. As remeiras de Cabo de Cruz quedaron encadradas no grupo con dous barcos galegos, o Club Remo Chapela e a Sociedade Deportiva Tirán.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza