O 72% dos españois está a favor de que se prohiba fumar nas terrazas dos locais hostaleiros e de restauración. Ademais un 28% ampliaría a restrición ata oito metros ao redor das mesmas, segundo se recolle na enquisa realizada pola Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria. No Barbanza, a xente valora de forma positiva esta opción, aínda que non é compartida por todos.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza