A conselleira do Mar, Rosa Quintana, trasladou hoxe ao Parlamento de Galicia a folla de roteiro coa que conta a comunidade para a defensa dos intereses do seu sector marítimo-pesqueiro #ante a revisión da Política Pesqueira Común (PPC), prevista para antes de que finalice este ano. Esa estratexia, explicou, é froito do traballo de todos os elos da cadea mar-industria de Galicia a través do Consello Galego de Pesca e quedou plasmada nun ditame que conta coa fortaleza que dá a unidade e o consenso conseguido entre todas as partes, que realizaron distintas achegas co obxectivo de melloralo.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza