Un dos equipos históricos do Concello de Ribeira volveu a dar unha alegría a tódolos veciños da zona. É o Atlético Oleiros, fundando no 1975, e que o pasado fin de semana logrou o ascenso de Terceira Autonómica á Segunda. O conxunto de San Martiño venceu na penúltima xornada da Fase de Ascenso ao Santiso po 7-1 e consumou deste xeito o seu salto de categoría cunha xornada restante por disputar. Trátase do segundo ascenso en toda a súa historia, o primeiro que foi fai máis de 10 anos, curiosamente tamén da man dun dos grandes artífices deste recente éxito, o seu adestrador José Antonio Santamaría, quen ten cualidades e xestos de outra categoría. O técnico recoñeceu a dificultade da tempada.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza