Os xadrecistas de Rianxo continúan dando mostras do bo facer e do seu nivel. Froito disto volveron a lograr un gran éxito, desta vez a nivel autonómico. Así, o Club Xadre Rianxo proclamouse campión da Copa Galicia de Clubes na categoría por equipo. Fíxoo no fortmato de partidas rápidas. Trátase dun éxito dunha dimensión enorme, xa que unha vila como Rianxo en canto a habitantes convertiuse no mellor club de Xadrez de Galicia. Así mesmo, Rianxo acudiu tamén co equipo B, que tamén fixo gala dun bo xogo, que lle serviu para acadar un meritorio quinto posto.
Fernando Sánchez, Samiel Villar, Marcial García, Manuel Abuín e Javier Portela formaton parte como xadrecistas dete campioanato. Este éxito únese así ao acadado por Inés Prado, quen recentemente se convertiu en campioa no autonómico.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza