A cidade de Vigo contou hoxe coa presenza do Rei Felipe VI, que acudiu á localidade galega a inaugurar a Cidade da Xustiza de Vigo, situada na torre do antigo Hospital Xeral. No acto inaugural estiveron presentes o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a ministra de Xustiza, Pilar Llop, o líder nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo e o presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial e do Tribunal Supremo, Carlos Lesmes. A comitiva visitou o inmoble, que conta con 18 pisos. Tras dúas horas de visita, Lesmes afirmou que é a mellor das cidades xudiciais construídas en España e que chegou a impresionar ao rei.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza