Daniel Varela e Alba González adxudicáronse o Campionato de España Dobres de Pitch & Putt 2022 que se disputou con éxito nas instalacións do percorrido lucense do Club Deportivo Río Cabe.
Como era de esperar, a última xornada, xogada baixo modalidade Copa Canadá, foi o xuíz inexorable que decidiu a orde das parellas na clasificación final e foron Daniel Varea e Alba González os máis inspirados.
Os 110 golpes da última rolda, unidos aos 53 e 47 da primeira, configuraron un global de 210 golpes para a parella mixta galega, catro menos que unha numerosa segunda posición, na que concluíron catro dúos: Manuel Sánchez e Eusebio González, Marcos Rodríguez e Antonio Suazo, Bernabé González e Agustín Martín, e Diego Fernández e Jorge García.