O Goberno aprobou a semana pasada a súa esperada intervención do mercado eléctrico. A ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, deu luz verde ao tope do prezo do gas aínda que con menor ambición que na súa proposta inicial
A medida aprobada supoñerá unha rebaixa da electricidade que comezará con preto dun 20% de desconto para ir reducíndose ata o 15% para os clientes acollidos á tarifa regulada PVPC durante doce meses, o que supón practicamente a metade do desconto previsto que era da orde do 30%. Os veciños da comarca consideran que non son suficientes axudas.