Os regatistas do Barbanza seguen a dar mostras do gran nivel competitivo que existe na zona. Fixérono esta semana en Moaña no Campionato Galego, grazas ao cal tres equipos poderán disputar o Campionato de España de Traíñas. Por un lado, na categoría absoluta masculina o Cabo de Cruz fíxose co campionato galego e disputará o nacional logo de superar ao Samertolameu. Os boiristas tamén terán representación no masculino xuvenil, que tamén venceron de novo ao Samertolameu. Na categoría xuvenil tamén o tentou o Puebla, pero non puideron meterse entre os dous primeiros clasificados. O outro equipo do barbanza que estará de forma oficial será o Náutico de Ribeira, que grazas ao bo facer do equipo feminino xuvenil, poderá estar en Bueu este próximo sábado. Deste xeito serán tres os equipos que estarán no nacional de forma oficial. O Cabo de Cruz en feminino absoluto e o Puebla en xuvenil masculino, ambos terceiros na súa proba, deberán agardar a posibles renuncias para saber se estarán ou non en Bueu,
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza