Xa facía moito tempo que non se daban dous triunfos dos equipos representantes do Barbanza na Preferente. E esta semana déronse, aínda que quizáis algo tarde. Por un lado o Boiro fixo os deberes e selou a permanencia grazas ao triunfo por 0-2 fronte ao Santaballés. O equipo de Luis Carro dominou o encontro que trouxo os tres puntos para Barraña grazas aos tantos de Felipe e de Pelayo en propia porta.
Doutra banda o Puebla, que practicamente está descendido, necesitaba vencer para seguir soñando e crrer nun milagre. Enfrontábase ao Ribadeo na casa, e gañaron por 4-0 , grazas aos goles Falcon e o Hat trick de Viturro, nun partido igualado que se decidiu na segunda metade, onde chegaron tódolos goles. O Puebla está momentaneamente fóra dos postos de descenso directos, pero debe agardar que o ribadeo non puntúe na última xornada contra o Pino e tamén resultados de outros grupos. Algo realmente complicado.