Dous anos despois volvía unha das probas deportivas máis emblemáticas da comarca do Barbanza, o Trail de Xtosín, que desta vez reuniu a máis de 200 corredores. Entre todos eles dous destcaron por riba do resto, Ana Peña, que logrou vencer na categoría feminina e rematou 27 na xeral, por diante de Mary Pombo e de Cristina Ríos. O outro nome propio da xornada foi Óscar Guerra, do Club Cambados, que dominou a carreira e subiuse ao primeiro posto cun minuto por riba de Maxi Oubiña e Chema Quintián.
Na distancia de 42 km o nome máis destacado foi Carlos Lorenzo na categoría masculina e María Isabel Orcajada en feminino.A xornada completouse cunha andaina de 14 km durante a cal os participantes puideron disfrutar da paisaxe sonense.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza