As rapazas do Boiro mantéñense na loita na Primeira División Galega. As Escolas de Boiro conseguiron a xornada pasada un meritorio empate na casa do Antas, o seu rival directo pola permanencia. Marchaban ao descanso 2-0 perdendo as boiritas e nun arreón de garra e entrega conseguiron empatar e deixar todo como estaba a falta de dúas xornadas, elas un punto por riba e salvadas. Agora tentarán acehgarase a esta salvación esta xornada na casa fronte ao Victoria de Coruña.
Doutra banda o Xuvnetú Aguiño caeu na casa goleado por 0-7 contra o Atlántida Matamá nun aprtido sen historia. Esta semana visitan ao Friol na Reigosa, o domingo a partir das 18 da tarde.