Xornada agria a que se vivirá no Estadio da Alta, onde o Puebla recibe ao Ribadeo. Os de Jesús Mella están virutlamente descendidos e necesitárian un milagre para que isto non ocorrese. Os pobristas precisan vencer aos lucenses na casa e despois agardar que non sumen puntos na última xornada, na que les descansan, tanto o ribadeo como o Residencia, algo moi complicado. Así mesmo tamén dependerían de outros resultados de outros grupos. Este domingo pódese materializar o descenso xa de forma matemática a partir das 18 da tarde na Alta.
Doutra banda o Boiro visita ao Santabllés nunha situación totalmente diferente. Os de Luis Carro xa están virtualmente salvados e queren gañar en Santa Baia para materializar a permanencia. Son líderes con 19 puntos, a 12 dod escenso directo e a 4 dun posible arrastre. O partido disputarase o domingo na Fontenla a partir das 18 da tarde.