Na mañá de hoxe os Bombeiro de Boiro e Ribeira recibían a alerta dun incendio nunha vivenda situada no lugar de Ourolo, en Taragoña. O operativo desprazouse ata o lugar dos feitos, e unha vez que comprobaron que non había persoas no seu interior, si puideron apreciar que había numerosos cadelos de apenas 1 mes. En total foron rescatados 11 cadelos, dos cales oito estaban insconscientes polo que tiveron que ser reanimados con oxíxeno, salvando a todos eles.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza