A Policía Nacional desarticulou unha organización criminal que estafou cerca de medio millón de euros a 146 vítimas en España. Os ciberestafadores mandaron de forma masiva correos electrónicos facéndose pasar por bancos e nos que alertaban dunha alerta de seguridade nas tarxetas. Para solucionalo había que aportar os datos bancarios e contrasinais, co que accedían ás contas. Na comarca, os veciños xa alertados por estas prácticas, desbotan os correos e mensaxes onde se lles solicitan datos persoais.
© 2019, Canal das Noticias do Barbanza